Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa dos almorzos saudables continúa esta semana coa visita da Ministra de Sanidade


# Venres, 26/01/2007


O programa dos almorzos saudables, organizado pola Concellería de Servizos Xerais, continúa esta semana visitando distintos colexios da cidade coa novidade de que, o vindeiro martes, a Ministra de Sanidade, Elena Salgado, asistirá a un almorzo para coñecelos personalmente no Colexio Rosalía de Castro.

Como xa anunciara o Alcalde, José López Orozco, o día da inauguración desta cuarta edición dos almorzos saudables, a visita da Ministra obedece ó seu interese por coñecer a organización desta iniciativa que está obtendo moito éxito nos colexios lucenses.

Os colexios que figuran na axenda desta semana son os seguintes:

- Os días 29 e 30 de xaneiro os alumnos do colexio Rosalía de Castro terán a oportunidade de alimentarse cun almorzo exemplar.
-Os días 31 de xaneiro e o 1 e 2 de febreiro será o Colexio Luis Pimentel o que acolla as sesións de almorzos saudables.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova