Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Catro colexios terán esta semana almorzos saudables


# Domingo, 04/02/2007


Os almorzos saudables, que celebra o Concello de Lugo dende hai catro anos, continuarán esta semana en catro colexios máis, unha vez que deran comezo o pasado día 15.

Este programa foi elaborado para concienciar a pequenos e pais da importancia de almorzar correctamente para render completamente no colexio. Esta iniciativa serviu de exemplo para un programa que desenvolverá o Ministerio de Sanidade en todo o territorio nacional.

Os colexios que participan esta semana no programa serán o Luis Pimentel, o luns ás nove, e o Menéndez Pelayo, o martes e o mércores a partir das nove. No Sagrado Corazón estarán o día 8, tamén ás nove e pechará a semana o de Albeiros, á mesma hora.

Así, un total de 1.964 rapazas e rapaces de 6 a 8 anos beneficiaranse este ano do programa, que se desenvolverá en todos os colexios do Concello.

O programa segue a mesma dinámica que en edicións anteriores, aínda que como novidade o cacao que se reparte é das tendas de comercio xusto. De feito, unha persoa desta asociación participa no programa explicando aos rapaces a procedencia deste cacao e o funcionamento destas tendas.

Como en anos anteriores, repártense aos rapaces lápices e bolígrafos do programa, así como un CD con xogos para poder velo na súa casa cos pais e nos que a mascota do programa, Cunquín, lembra a necesidade de almorzar antes de ir ao colexio.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova