Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentados dous libros que analizan as bases para acadar unha convivencia pacífica e en igualdade


# Martes, 30/01/2007
As obras encádranse no programa Vivir xuntos, convivir desenvolvido polo Concello

O centro social Uxío Novoneyra acolleu ás 19:30 horas deste martes a presentación do libro Pedagogía de la convivencia e da terceira edición da obra Aprender a convivir de Xesús R. Jares, publicada especialmente para o programa VIVIR XUNTOS, CONVIVIR desenvolvido polo Concello.

No acto de presentación estivo presente o Alcalde de Lugo e a Concelleira de Educación -Dolores Vieiro- xunto aos responsables do programa VIVIR XUNTOS, CONVIVIR, Manuel Blanco Rábade e Carmen Díaz Simón, e o autor dos libros.

O escritor, propón, dende unha cultura de paz, unha reflexión en profundidade sobre a problemática actual da convivencia dentro dos centros escolares, así como as liñas precisas para establecer unha actuación educativa, baseada na participación da comunidade educativa, a mediación e a resolución non-violenta dos conflitos.

Xesús R. Jares é catedrático da Universidade da Coruña e Doctor en Filosofía e Ciencias da Educación, e ten unha extensa experiencia como escritor avalada por 17 obras individuais, 28 obras en colaboración e máis dun cento de artigos publicados en diversos medios especializados en pedagoxía e educación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova