Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Educación organiza o Torneo de Xadrez de Entroido


# Luns, 05/02/2007
Será o día 19 no Centro Social Uxío Novoneyra

O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá o día 19, luns de Entroido, o tradicional Torneo de Xadrez, que se celebra por terceiro ano consecutivo organizado pola Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso.

O torneo comezará ás dez e media da mañá e se prolongará até a unha e tamén de cinco a sete da tarde. Este torneo pertence ao circuíto Camiño do Scacorum.

A inscrición é totalmente gratuíta e poderase facer até o 17 de febreiro a través do monitor do seu colexio ou chamando ao teléfono 657 97 49 37 ou por email, en catruperarrobayahoo.es

Como en anteriores ocasións, haberá diferentes categorías, sub 8, sub 10, sub 12, sub 14, sub 18 e tamén para familiares.

Ademais, todos os domingos continúase coa actividade do scacorum e o baúl viaxeiro, que convida aos lucenses a participar nos xogos de xadrez xigante, xadrez convencional e na biblioteca itinerante da Concellería de Educación.

Esta actividade é totalmente gratuíta e se desenvolve a través dos mesmos organizadores que o torneo de Entreido, de doce a dúas, todos os domingos na praza Maior.

Son dous monitores especializados os que guían esta actividade, na que participan pais e fillos de forma conxunta.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova