Imprimir

A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN ORGANIZA O TORNEO DE XADREZ DE ENTROIDO


5/2/2007 Será o día 19 no Centro Social Uxío Novoneyra

O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá o día 19, luns de Entroido, o tradicional Torneo de Xadrez, que se celebra por terceiro ano consecutivo organizado pola Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso.

O torneo comezará ás dez e media da mañá e se prolongará até a unha e tamén de cinco a sete da tarde. Este torneo pertence ao circuíto Camiño do Scacorum.

A inscrición é totalmente gratuíta e poderase facer até o 17 de febreiro a través do monitor do seu colexio ou chamando ao teléfono 657 97 49 37 ou por email, en catruper@yahoo.es

Como en anteriores ocasións, haberá diferentes categorías, sub 8, sub 10, sub 12, sub 14, sub 18 e tamén para familiares.

Ademais, todos os domingos continúase coa actividade do scacorum e o baúl viaxeiro, que convida aos lucenses a participar nos xogos de xadrez xigante, xadrez convencional e na biblioteca itinerante da Concellería de Educación.

Esta actividade é totalmente gratuíta e se desenvolve a través dos mesmos organizadores que o torneo de Entreido, de doce a dúas, todos os domingos na praza Maior.

Son dous monitores especializados os que guían esta actividade, na que participan pais e fillos de forma conxunta.