Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Xornadas Educar con retos: autismo e trastornos de desenvolvemento


# Venres, 09/02/2007
Nota de prensa remitida por Escola Viva

O Movemento Renovación Pedagógica “ESCOLA VIVA” dependente de FETE-UGT inicia as súas actividades formativas, do presente ano, cunhas xornadas de 13 horas de duración, homologadas pola Conselleria de Educación.

Estas xornadas, tituladas: “Educar con retos: Autismo e trastornos de desenvolvemento”, pretenden dar resposta ao interese do profesorado por temas relacionados coa intervención con alumnado de NEE. Somos conscientes que en toda a provincia hai varios casos detectados e diagnosticados, que fan que o profesorado sinta a necesidade de apoio para realizar a súa tarefa docente e acadar o mellor proceso de desenvolvemento co alumnado que presenta discapacidades.

Ante esta situación dende “ESCOLA VIVA” e a FETE-UGT consideramonos na obriga de realizar esta actividade de formación e nela abordar a situación dende tódolos ámbitos posibles para que os docentes perciban que son retos e non dificultades ou problemas a intervención con este alumnado. Apuntar que "a igualdade de oportunidades" no ámbito educativo non consiste en dar a todos/todas o mesmo, senón en dar máis a quen máis o necesite.

Temos que agradecer aos docentes a gran acollida desta actividade, a día de hoxe superamos triplicamos o número de solicitudes ás prazas programadas ( 90 frente a 30) tendo que deixar sen participar, por motivos de espacio na aula, sobre 10 compañeiros e compañeiras aos que pedimos disculpas e aos que expresamos a nosa intención de darlles resposta en futuras actividades de formación.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova