Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os almorzos saudables rematan esta semana a súa cuarta edición


# Venres, 02/03/2007


A cuarta edición dos Almorzos Saudables remata esta semana coa visita aos tres últimos colexios inscritos neste programa organizado pola Concellería de Servizos Xerais.

Este programa foi elaborado para concienciar a pequenos e pais da importancia de almorzar correctamente para render durante toda a xornada no colexio. Esta iniciativa serviu de exemplo para o Ministerio de Sanidade. A propia Ministra visitou personalmente Lugo para coñecer a iniciativa do Concello de Lugo.

As citas que poñen o peche a esta campaña son as seguintes:
-O colexio dos Pais Franciscanos acolle os días 5 e 6 as sesións dos almorzos saudables que tomarán un total de 110 nenos.
-O día 7 de marzo, os almorzos visitan o colexio Cervantes e participarán 60 escolares.
-O colexio de As Josefinas acolle os días 8 e 9 de marzo as dúas derradeiras sesións desta edición e darán un almorzo saudable a 105 alumnos.

Nesta tempada dos almorzos saudables participan un total de 1.964 rapazas e rapaces de 6 a 8 anos cun programa que se desenvolve en todos os colexios da cidade.

O programa segue a mesma dinámica que en edicións anteriores, aínda que como novidade o cacao que se reparte é das tendas de comercio xusto. De feito, unha persoa desta asociación participa no programa explicando aos rapaces a procedencia deste cacao e o funcionamento destas tendas.

Como en anos anteriores, os rapaces reciben de agasallos lápices e bolígrafos do programa, así como un CD con xogos para poder velo na súa casa cos pais e nos que a mascota do programa, Cunkin, lembra a necesidade de almorzar antes de ir ao colexio.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova