O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 9 de marzo, o Servizo de Desratización actuará en todo o trazado da avenida da Coruña, comprendida entre a porta de San Fernando e o alto de Garabolos.
Trátase dunha nova actuación deste servizo, que actúa todas as semanas en Lugo e que realiza o tratamento de todos os barrios unha media de tres veces ao ano.