Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde abre o programa de charlas Arqueoloxía na Escola


# Venres, 23/02/2007
Orozco reitera a necesidade de ¿coñecer máis para amar máis á nosa cidade¿

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, abriron esta mañá o ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo.

Neste programa participarán preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo. Foron estes centros os que se sumaron a esta iniciativa, que foi presentada e ofertada a todos os colexios públicos do termo municipal.

A apertura oficial do programa tivo lugar no colexio da Ponte onde o Alcalde falou cos rapaces indicando a importancia que ten coñecer ben as nosas raíces para poder “amar máis a Lugo”.

Orozco fixo unha similitude da cidade como a casa de cada un de nos, “que coñecemos e cando máis aprendemos dela máis a valoramos e crecemos”.

O Alcalde lembrou que estas charlas buscan ofrecer eses coñecementos avanzados sobre a cidade, pero dun xeito ameno. Así mesmo, lembroulles que a súa vinculación diaria coa ponte romana e as termas pón de manifesto de xeito cotiá o pasado romano de Lugo. A arqueóloga municipal, Covadonga Carreño, foi a encargada desta primeira charla.

O programa desenvolverase todos os venres até o 27 de abril e sempre co mesmo horario, de 12:45 a 13:45 horas.

Con este programa preténdese dar a coñecer o pasado romano a través dos restos arqueolóxicos que se foron atopando nos últimos anos, abordando temas como o mapa histórico e xeográfico, o abastecemento de auga da cidade, infraestruturas viarias, a casa romana, as termas, a industria e o comercio e, por suposto, a muralla.

Estas conferencias estarán a cargo dos tres arqueólogos municipais, que se irán turnando nos diferentes centros. Todo isto irá precedido dunha introducción onde se explicará a chegada dos romanos a Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova