Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello celebra o Día do Consumidor cun almorzo saudable para adultos


# Luns, 12/03/2007
O día 19 arrincan as charlas de anorexia e bulimia nos institutos

O Concello de Lugo e a Asociación de Amas de Casa e Consumidores celebran o xoves de forma conxunta o Día do Consumidor cunha xornada dedicada á nutrición. Así o anunciou hoxe a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e Purificación Vázquez, vocal desta asociación.

A xornada sobre nutrición terá lugar no Hotel Torre de Núñez e dará comezo ás once da mañá. Consistirá principalmente na celebración dun almorzo saudable, que estará documentado pola conferencia de María Ausencia Tomé, Delegada Provincial de Sanidade na Coruña. Esta muller, endocrinóloga de profesión, falará da importancia do almorzo para nenos e para adultos.

A Concelleira lembrou o existoso resultado que obtivo esta cuarta edición dos almorzos saudables realizados en todos os colexios de Lugo. Cunha participación de preto de dous mil rapazas e rapaces de 6 a 8 anos cada ano, os almozos saudables conseguiron espertar o interese de concellos de toda España e tamén da propia Ministra de Sanidade, Elena Salgado, que visitou Lugo recientemente para asistir a unha destas citas.

Luisa Zarzuela presentou tamén unha nova edición das xornadas de “Transtornos da alimentación: anorexia e bulimia”, que se levan a cabo nos institutos da cidade. Serán un total de 700 alumnos os que participarán nesta nova edición, tamén a cuarta, procedentes de nove centros de ensino de Secundaria.

As reunións informativas estarán a cargo novamente de Ana Isabel Gutiérrez. Esta muller é licenciada en Psicoloxía nas especialidades de Clínica e Social e Traballo, ademais de técnico especialista en Transtornos da Conduta Alimentaria e Prevención de Drogodependencias.

A súa formación continuada e completa nesta especialidade permite a súa cercanía aos rapaces. Segundo explicou a Concelleira, todos os anos descóbrense casos de anorexia e bulimia durante as charlas.

As conferencias desenvolveranse entre o 19 e o 23 deste mes e comezarán no instituto Xoán Montes. Os rapaces recibirán unha carpeta informativa sobre estas dúas enfermidades.

Luisa Zarzuela indicou que a anorexia e a bulimia están presentes no 14% da poboación adolescente entre 14 e 20 anos, o que significa o 5% de toda a poboación en xeral. Indicou tamén que está a aumentar o número de casos porque comeza a ampliarse a franxa de idade de afectados, tanto en pequenos menores de 10 anos como en mulleres de entre 35 e 50 anos.

Ademais, a mortandade pode alcanzar o 10 por cento das afectadas e se fai crónica no 2% dos casos. Do mesmo xeito, estas enfermidades comezan a ter unha relevancia numérica tamén entre os varóns.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova