Imprimir

ALUMNOS DA AULA DE FORMACIÓN TEATRAL REALIZARÁN UNHA VIAXE DIDÁCTICA A LONDRES


26/2/2007 A Concellería de Educación subvenciona parte da excursión coa finalidade de completar o programa formativo

Os alumnos do grupo de nivel avanzado da Aula de Formación Teatral, dependente da Concellería de Educación, participarán nunha viaxe didáctica a Londres os vindeiros días 2, 3 e 4 de marzo.

A Concellería de Educación subvenciona parte da excursión coa finalidade de completar o programa formativo deste curso de teatro. Un total de doce alumnos viaxarán á capital británica para asistir ao musical “O pantasma da ópera”, que leva máis de trinta anos en cartel, e para visitar o emblemático teatro fundado por Shakespeare The Globe Theatre.

Esta viaxe está encadrada dentro das actividades didácticas da Aula de Formación Teatral do Concello, que leva cinco anos de funcionamento e conta con 85 alumnos no curso actual.