Imprimir

O CONCELLO CELEBRA O DÍA DO CONSUMIDOR CUN ALMORZO SAUDABLE PARA ADULTOS


14/3/2007 Terá lugar no hotel Torre de Núñez, a partir das once da mañá

O Concello de Lugo e a Asociación de Amas de Casa e Consumidores celebran o xoves de forma conxunta o Día do Consumidor cunha xornada dedicada á nutrición.

A xornada sobre nutrición terá lugar no Hotel Torre de Núñez e dará comezo ás once da mañá. Consistirá principalmente na celebración dun almorzo saudable, que estará documentado pola conferencia de María Ausencia Tomé, Delegada Provincial de Sanidade na Coruña. Esta muller, endocrinóloga de profesión, falará da importancia do almorzo para nenos e para adultos.

Neste almorzo saudable estará presente o Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela.

A Concelleira anima a todos a participar nesta xornada, e que pon de relevancia o existoso resultado que obtivo esta cuarta edición dos almorzos saudables realizados en todos os colexios de Lugo. Cunha participación de preto de dous mil rapazas e rapaces de 6 a 8 anos cada ano, os almorzos saudables conseguiron espertar o interese de concellos de toda España e tamén da propia Ministra de Sanidade, Elena Salgado, que visitou Lugo recientemente para asistir a unha destas citas.