Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Uns 700 adolescentes participan dende o luns na cuarta edición das xornadas sobre anorexia e bulimia


# Venres, 16/03/2007
Organizadas pola Concellería de Servizos Xerais, están dirixidas a mozas e mozos do primeiro ciclo de Secundaria

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, comeza o louns unha nova edición das xornadas de “Transtornos da alimentación: anorexia e bulimia”, que se levan a cabo nos institutos da cidade. Serán un total de 700 alumnos os que participarán nesta nova edición, tamén a cuarta, procedentes de nove centros de ensino de Secundaria.

As reunións informativas estarán a cargo novamente de Ana Isabel Gutiérrez. Esta muller é licenciada en Psicoloxía nas especialidades de Clínica e Social e Traballo, ademais de técnico especialista en Transtornos da Conduta Alimentaria e Prevención de Drogodependencias.

A súa formación continuada e completa nesta especialidade permite a súa cercanía aos rapaces. Segundo explicou a Concelleira, todos os anos descóbrense casos de anorexia e bulimia durante as charlas.

As conferencias desenvolveranse entre o 19 e o 23 deste mes e comezarán no instituto Xoán Montes. Os rapaces recibirán unha carpeta informativa sobre estas dúas enfermidades.

Luisa Zarzuela indicou que a anorexia e a bulimia están presentes no 14% da poboación adolescente entre 14 e 20 anos, o que significa o 5% de toda a poboación en xeral. Indicou tamén que está a aumentar o número de casos porque comeza a ampliarse a franxa de idade de afectados, tanto en pequenos menores de 10 anos como en mulleres de entre 35 e 50 anos.

Ademais, a mortandade pode alcanzar o 10 por cento das afectadas e se fai crónica no 2% dos casos. Do mesmo xeito, estas enfermidades comezan a ter unha relevancia numérica tamén entre os varóns.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova