A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela recibiu hoxe a un grupo de 50 estudantes do Instituto de Ensino Secundario A Paralaia, de Moaña, que están de visita na cidade dentro dun programa de fomento da lingua galega.
Durante a visita, a Concelleria falou da igualdade e da paridade existente no Concello de Lugo e felicitou a un grupo de mozas que teñen previsto estudar informática, “un mundo reservado aos homes pero que ten que cambiar”.
Falou tamén a Concelleira da importancia que lle da o goberno municipal a mellorar o emprego “para que non se teñan que marchar os mozos que non o desexen”.
O Concello fíxolle entrega dun pin da muralla a cada un dos participantes na excursión e levaron tamén unha mostra das publicación municipais.
Ao finalizar, o Alcalde achegouse até o Salón de Plenos para saudar a este grupo e invitarlles a regresar xunto coas súas familias.