Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de reserva de praza para a escola infantil Serra de Outes


# Xoves, 01/03/2007
As novas incorporacións deberán facer a súa reserva dende o día 15

A escola infantil municipal situada na rúa Serra de Outes abre hoxe o prazo para realizar a reserva de praza para aqueles nenos que xa estean matriculados no centro.

O prazo para realizar esta reserva estará aberto até o día 15, cando se abrirá o tempo de solicitude de matrícula para novas incorporacións. O impreso de reserva de praza será facilitado pola escola a cada neno e nena que reserva, polo que de non realizarse a reserva neste período entenderase que renuncia á súa praza.

Por outra banda, para solicitar praza por primeira vez será necesario cumplimentar os impresos e acompañalos da documentación solicitada para entregar no Rexistro do Concello. Poderán informarse deste proceso na propia escola infantil ou chamando ao número de teléfono 982 26 31 03.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova