Imprimir

O SERVIZO DE DESRATIZACIÓN ACTÚA EN SAN ROQUE E FONTIÑAS


21/3/2007

O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 23 de marzo, o Servizo de Desratización actuará nas zonas de Fontiñas e San Roque.

Nestas dúas rúas actuarán durante todo o percorrido e tamén traballarán na ronda das Mercedes.

Trátase dunha nova actuación deste servizo, que actúa todas as semanas en Lugo e que realiza o tratamento de todos os barrios unha media de tres veces ao ano.