Cargando....
Concello de Lugo
17/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa no CEIP Menéndez y Pelayo o programa de charlas Arqueoloxía na Escola


# Xoves, 08/03/2007
Estudantes de quinto e sexto de Primaria serán informados das orixes romanas da cidade

O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo, terá a súa continuidade mañá, venres, no colexio do Menéndez y Pelayo.

Neste programa participan preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo. Foron estes centros os que se sumaron a esta iniciativa, que foi presentada e ofertada a todos os colexios públicos do termo municipal.

A apertura oficial do programa tivo lugar no colexio da Ponte e estivo a cargo do Alcalde, José López Orozco, e da Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro.

O programa desenvolverase todos os venres até o 27 de abril e sempre co mesmo horario, de 12:45 a 13:45 horas.

Con este programa preténdese dar a coñecer o pasado romano a través dos restos arqueolóxicos que se foron atopando nos últimos anos, abordando temas como o mapa histórico e xeográfico, o abastecemento de auga da cidade, infraestruturas viarias, a casa romana, as termas, a industria, o comercio e, por suposto, a muralla.

Estas conferencias están a cargo dos tres arqueólogos municipais, que se irán turnando nos diferentes centros. Todo isto irá precedido dunha introducción onde se explicará a chegada dos romanos a Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova