Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Exposto o censo electoral ata o 16 de abril


# Martes, 10/04/2007
Pode ser consultado persoalmente nas Oficinas Municipais da Ronda da Muralla ou ben no teléfono gratuíto 901 101 900

Convocadas as eleccións municipais para o vindeiro 27 de maio, o Concello de Lugo comunica que xa está exposto ó público o censo electoral ata o 16 de abril (incluído). Todos os veciños e veciñas empadroados no municipio poderán consultar a súa correcta inscrición ou, no caso pertinente, facer as reclamacións oportunas.

  A consulta é informática e deberá realizarse persoalmente, xa que é un trámite necesario e convinte para garantir o exercicio do dereito ó voto.

  O lugar de consulta do censo é nas Oficinas Municipais situadas no número 197 da Ronda da Muralla en horario de 9:00 a 14:00 horas en días laborais e de 10:00 a 14:00 horas o sábado e domingo.

O INE tamén ofrece un teléfono de consulta gratuíto para comprobar o censo electoral. Trátase do 901 101 900.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova