Imprimir

EXPOSTO O CENSO ELECTORAL ATA O 16 DE ABRIL


10/4/2007 Pode ser consultado persoalmente nas Oficinas Municipais da Ronda da Muralla ou ben no teléfono gratuíto 901 101 900

Convocadas as eleccións municipais para o vindeiro 27 de maio, o Concello de Lugo comunica que xa está exposto ó público o censo electoral ata o 16 de abril (incluído). Todos os veciños e veciñas empadroados no municipio poderán consultar a súa correcta inscrición ou, no caso pertinente, facer as reclamacións oportunas.

  A consulta é informática e deberá realizarse persoalmente, xa que é un trámite necesario e convinte para garantir o exercicio do dereito ó voto.

  O lugar de consulta do censo é nas Oficinas Municipais situadas no número 197 da Ronda da Muralla en horario de 9:00 a 14:00 horas en días laborais e de 10:00 a 14:00 horas o sábado e domingo.

O INE tamén ofrece un teléfono de consulta gratuíto para comprobar o censo electoral. Trátase do 901 101 900.