Cargando....
Concello de Lugo
25/11/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Axenda 21 Escolar, a debate nas charlas para pais do programa Aprender para educar


# Mércores, 14/03/2007
Terá lugar o xoves no Centro Social Uxío Novoneyra, a partir das oito da tarde

Unha charla sobre a Axenda 21 Escolar dará continuidade mañá, xoves, ao programa “Aprender para educar”, organizado pola Concellería de Educación, dirixida por María Dolores Vieiro, e a Asociación Sociopedagóxica Galega.

Trátase dunha serie de conferencias formativas dirixidas a pais e nais do Concello de Lugo. A súa finalidade é servir de plataforma para adquirir novos coñecementos e para poñer en común inquedanzas e problemas que fagan que xurda unha dinámica de grupo que logre solventar moitas das dúbidas actuando como educadores dos fillos e fillas.

Como en anteriores edicións, estas charlas desenvolverán temas de interese e de actualidade nas escolas.

A primeira destas conferencias, a cargo de Miguel Ángel Santos Guerra, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Málaga, tivo que ser suspendida o martes por problemas persoais do conferenciante.

Mañá, será a vez de Ramón López Rodríguez, profesor da Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo, que falará sobre a Axenda 21 Escolar.

Nesta ponencia tratarase de pór en relevancia o feito de que as escolas deben asumir o seu papel e compromiso social para elaborar solucións globais para lograr a sustentabilidade a escola local.

Serán un total de catro conferencias que abordarán outros temas como a alfabetización dixital e a estimulación temperá. Todos estas cuestións serán tratadas por especialistas de prestixio. O programa terá a súa continuidade a próxima semana, concretamente o martes e o mércores.

O programa das conferencias, que se celebrarán no Centro Social Uxío Novoneyra, pode consultarse na web municipal, www.lugo.es. Éstas terán lugar a partir das oito da tarde e o Concello oferta un servizo de gardería a todos aqueles pais e nais que desexen acudir ás conferencias.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova