Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acollerá o segundo Foro de Cidades Dixitais de Galicia


# Xoves, 12/04/2007
O proxecto Lugo Dixital ampliarase na procura do certificado de calidade para os servizos de atención ao cidadán e a implantación da banda ancha no rural

O Concello de Lugo acollerá os días 26 e 27 de abril o II Foro de Cidades Digitales de Galicia, segundo indicou hoxe a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela.

Este foro englóbase dentro dos programas Lugo Dixital e Lugo Singular e contará coa participación de distintas cidades, das que xa teñen o distintito de cidades dixitais, como Lugo, e as que están en proxecto ou xa en marcha.

Entre as cidades dixitales participantes están Vigo, A Estrada, Cantabria, Avilés e Leganés mentres que as que están en proxecto presentes son Alcobendas, A Coruña e Segovia. Asimesmo, participarán Vilalba e As Pontes como vilas dixitais invitadas.

O programa desenvolverase os días 26 e 27 de abril no Gran Hotel. O xoves o horario será de nove e media a oito da tarde cunha cea de gala ás dez. O venres será só en horario de mañá e será clausura polo Alcalde de Lugo, José López Orozco.

A Concelleira destacou a importancia deste evento, que traerá a Lugo a representantes de cidades de toda España e aos máis importantes coñecedores desta dinámica de cara á dixitalización.

Formalizar a inscrición e realizar calquer consulta poderá facerse a través da páxina web www.forocidadesdixitais.com ou chamando aos números de teléfono 902 197 805 ou 982 242 563.

A participación neste foro é complementamente gratuíta e se realizará por estrito orde de chegada até completar o numero máximo de prazas.

A Concelleira lembrou que nos últimos tres anos está a desenvolverse o proxecto Lugo Dixital, que mantén un orzamento de máis dun millón e medio de euros e que foi ampliado co Lugo Singular, que conta cun orzamento similar.

Este proxecto contempla numerosas actuacións que xa están en marcha como o equipamento en infraestruturas do Concello para levar adiante o proxecto, a creación do portal e da plataforma de portales do Concello, o programa Abred e a tarxeta cidadá, entre outras. De feito, nos próximos días dará comezo un programa formativo polos barrios, destinado a persoas maiores.

O programa Cidades Dixitales está promovido polo ministerio de Industria, Turismo e Comercio, en colaboración coa Xunta de Galicia e a través da Secretaría Xeral de Comunicación e o Concello de Lugo.

Este foro de cidades dixitais pretende promocionar proxectos e experiencias de telecomunicacións e de sociedades da información das diferentes cidades dixitais galegas e doutras invitadas.

A Concelleira indicou tamén que xa están en marcha dous novos proxectos para seguir avanzando no “salto tecnolóxico do Concello, no que xa están postas as bases”.

CERTIFICADO DE CALIDADE

Ante o Ministerio de Administracións Públicas presentaron un proxecto para a modernización e busca do certificado de calidade dos procedementos e trámites que ten que realizar o cidadán.

Comezará a desenvolverse no terceiro trimestre do 2007 e se prolongará até finais do 2008. Persegue identificar os procedementos máis demandados polos cidadás, optimizalos con criterios de calidade e poder chegar o máis rapidamente posible á tramitación electrónica dos mesmos.

Indicou Luisa Zarzuela que é vontade do Concello facelo dende a implantación dun plan de calidade que permita a racionalización do desenvolvemento de expedientes con base a un escrupuloso cumprimento da legalidade e na orientación a resultados clave coa finalidade de incrementar a eficacia e eficiencia na xestión dos recursos públicos.

Engadiu que o fin principal é facer fincapé na Oficina de Atención ao Cidadán como un dos eixos principais do proxecto, xa que é o punto principal de referencia.

O segundo proxecto é a implantación da banda ancha inalámbrica wimax/wi-fi no Concello de Lugo coa finalidade de favorecer a integración dos cidadáns na sociedad da información e promover a xeralización do uso das tecnoloxías da información e das comunicacións.

Suministraranse e instalaranse unha serie de equipos cliente que recibirán o sinal wimax e pasarán a unha rede wi-fi que proporcionará acceso aos núcleos urbanos das parroquias.

O sistema está deseñado para ofrecer cobertura externa a un 85-90% da zona rural do concello. Para unha parroquia tipo instalaranse dúas estacións de acceso dentro do núcleo ou en emplazamentos elevados con visión directa a unha distancia máxima dun quilómetro. O orzamento é de 350.000 euros financiado polo Estado ao cen por cento.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova