Imprimir

REMATA O TEMPO PARA REALIZAR A RESERVA DE PRAZA NA ESCOLA INFANTIL SERRA DE OUTES


14/3/2007 As novas incorporacións deberán facer a súa inscrición dende o día 15

A escola infantil municipal situada na rúa Serra de Outes pecha mañá, xoves, o prazo para realizar a reserva de praza para aqueles nenos que xa estean matriculados no centro.

Unha vez rematado este tempo, abrirase un prazo novo de solicitude de matrícula para novas incorporacións. O impreso de reserva de praza será facilitado pola escola a cada neno e nena que reserva, polo que de non realizarse neste período entenderase que renuncia á súa praza.

Por outra banda, para solicitar praza por primeira vez será necesario cumplimentar os impresos e acompañalos da documentación solicitada para entregar no Rexistro do Concello. Poderán informarse deste proceso na propia escola infantil ou chamando ao número de teléfono 982 26 31 03.