Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa no CEIP Manuel Mallo o programa de charlas Arqueoloxía na Escola


# Xoves, 15/03/2007
Estudantes de quinto e sexto de Primaria serán informados das orixes romanas da cidade

O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo, terá a súa continuidade mañá, venres, no colexio do Manuel Mallo.

Neste programa participan preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo. Foron estes centros os que se sumaron a esta iniciativa, que foi presentada e ofertada a todos os colexios públicos do termo municipal.

A apertura oficial do programa tivo lugar no colexio da Ponte e estivo a cargo do Alcalde, José López Orozco, e da Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, organizadora do ciclo.

O programa desenvolverase todos os venres até o 27 de abril e sempre co mesmo horario, de 12:45 a 13:45 horas.

Con este programa preténdese dar a coñecer o pasado romano a través dos restos arqueolóxicos que se foron atopando nos últimos anos, abordando temas como o mapa histórico e xeográfico, o abastecemento de auga da cidade, infraestruturas viarias, a casa romana, as termas, a industria, o comercio e, por suposto, a muralla.

Estas conferencias están a cargo dos tres arqueólogos municipais, que se irán turnando nos diferentes centros. Todo isto irá precedido dunha introducción onde se explicará a chegada dos romanos a Lugo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova