Imprimir

ABRE UNHA MOSTRA ILUSTRADA DE ROSALÍA NO UXÍO NOVONEYRA


19/3/2007

O Centro Social Uxío Novoneyra acolle a mostra “Rosalía Ilustrada”, organizada pola Concellería de Educación en colaboración coa Fundación Caixa Galicia e a Casa Museo Rosalía de Castro.

A mostra estará aberta ao público polas tardes mentres que pola mañá serán grupos de escolares os que realizarán esta visita guiada.

A mostra recolle 25 poemas de Rosalía de Castro acompañados cada un por unha ilustración feita por artistas galegos. Está dirixida aos escolares de terceiro ciclo de Primaria e de Secundaria.

Polas tardes a mostra estará aberta a todo o público e será gratuíta. Poderá visitarse dende o martes e até o día 30 de marzo.