Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa Conéctate en Lugo continúa por Paradai, Albeiros e Milagrosa


# Venres, 20/04/2007
Estarán os tres primeiros días no Centro Social da Milagrosa e os dous últimos na residencia da terceira idade de Curros Enríquez

O Concello de Lugo continuará a próxima semana co seu programa de achegamento aos cidadáns das novas tecnoloxías “Conéctate en Lugo” nos barrios da Milagrosa, Albeiros e Paradai.

Trátase dunha campaña masiva de formación ao cidadán, dirixida a todos os públicos pero máis orientada a maiores de 55 anos ou a mulleres que non traballen fóra do fogar. Está relacionada coa posta en marcha do proxecto Lugo Dixital e Lugo Singular e está previsto que participen no mesmo máis de tres mil persoas.

A semana do 23 ao 27 os formadores estarán en dous puntos. Os tres primeiros días estarán no Centro Social da Milagrosa, de dez a doce e de seis a sete. Rematarán a semana na residencia de maiores Nosa Señora da Milagrosa, situada na rúa Curros Enríquez. Durante estes dous días estarán atendendo de once a unha e de cinco a sete.

Esta campaña formativa busca “a eliminación da brecha dixital existente na sociedade de Lugo e ao mesmo tempo formentar o coñecemento da informática a nivel de usuario por parte de toda a poboación”, segundo explicou a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela.

Este cursos non tratan de formación reglada, “o que busca é a cercanía co cidadán, o ti a ti”, dixo a Concelleira. Para isto, un grupo de profesores con ordenadores acuden aos distintos locais sociais de cada barrio e centros de reunión, onde asesoran e inician en temas informáticos a todos os cidadáns que o solicitan.

Durante esta primeira semana pasaron por estas improvisadas aulas más de 130 persoas para realizar os seus primeiros contactos con internet e a informática en xeral. Os dous primeiros días encheron os portátiles persoas da terceira idade da residencia Sanyres. Quedaron gratamente sorprendidos das posibilidades da Rede, que lles permitiu visitar as súas localidades de orixe e enviar correos electrónicos instantáneos aos seus fillos, moitos deles residentes noutros continentes.

Entre as persoas participantes nos tres días restantes estiveron un grupo de mozos do Proxecto Home e un nutrido grupo de mulleres amas de casa cos seus pequenos. As mulleres aproveitaron para buscar en Internet información de campamentos de verán e os pequenos tiveron as súas primeiras experiencias con xogos.

Este curso está espertando tanta espectación que xa hai un grupo amigos que manifestaron a súa intención de continuar recibindo clases durante o tempo que dure o programa “aínda que teñamos que seguilos por todo Lugo”, dixeron.

A formación prolongarase até mediados do mes de xuño. Unha vez terminada a formación nestes barrios, continuaán por Sagrado Corazón, As Gándaras, A Cheda, Residencia, Zona Centro, A Ponte, Fingoi, Aceña de Olga, San Antonio, Montirón, As Mercedes, Fontiñas e San Roque, ademais dos telecentros de Calde, Castelo, O Veral e Coeses.

Paralelamente a esta formación, convócase un concurso co título “Forma a túa familia dixital”, que ofrece como premio unha estancia nunha cidade con empresariado dixital, un tratamento completo nun SPA da provincia e unha cea no restaurante que se desexe.

Para participar neste concurso só é necesario a formación dunha familia dixital con tres membros, un dos que ten a obriga de ter máis de 55 anos ou ser muller non traballadora, e participar nesta acción formativa.

Os interesados en inscribirse neste curso poden facelo de forma totalmente gratuíta a través do 010 ou ao comezo da propia sesión no seu barrio.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova