Imprimir

ESTUDANTES DE ESO DE LALÍN VISITAN A CIDADE ATRAÍDOS POLO SEU PATRIMONIO ARTÍSTICO


24/4/2007 A Concelleira de Sevizos Xerais recibiunos no Concello

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, recibiu esta mañá a un grupo de estudantes de 4º de ESO do IES de Lalín que están de visita na cidade acompañados polos seus profesores de Lingua, Historia e Matemáticas.

O acto tivo lugar ás doce desta mañá no Salón de Plenos do Concello onde Luisa Zarzuela conversou cos 32 rapaces aos que lles preguntou polos seus hábitos alimenticios e lles animou a coidar a súa alimentación para gozar dunha boa saúde na madurez.

Asimesmo, convidoulles a compartir cos seus pais e os seus avós os seus coñecementos en novas tecnoloxías, pois “as experiencias que estamos descubrindo co programa Conéctate en Lugo e que os maiores son uns apaixoados de Internet”, afirmou.

Para esta excursión os rapaces e profesores elixiron Lugo como destino atraídos polo seu patrimonio artístico e por ser a cidade da romanización máis importante do noroeste peninsular. Despois da visita ao Concello, o grupo realizou unha visita guiada polo centro histórico e xantaron nun restaurante lucense.