Cargando....
Concello de Lugo
13/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 120 persoas participarán no segundo Foro de Cidades Dixitais de Galicia


# Martes, 24/04/2007
Este evento terá lugar o xoves e o venres no Gran Hotel

O Concello de Lugo acollerá os días 26 e 27 de abril o II Foro de Cidades Digitales de Galicia, para o que xa están inscritas 118 persoas, nun evento qu eten como capacidade máxima 125 perosas.

Este foro englóbase dentro dos programas Lugo Dixital e Lugo Singular e conta coa participación de distintas cidades, as que xa teñen o distintivo de cidades dixitais, como Lugo, e as que están en proxecto ou xa en marcha.

Entre as cidades dixitales participantes están Vigo, A Estrada, Cantabria, Avilés e Leganés mentres que as que están en proxecto presentes son Alcobendas, A Coruña e Segovia. Asimesmo, participarán Vilalba e As Pontes como vilas dixitais invitadas.

O programa desenvolverase o xoves e o venres no Gran Hotel. O xoves o horario será de nove e media a oito da tarde cunha cea de gala ás dez. O venres será só en horario de mañá e será clausurado polo Alcalde de Lugo, José López Orozco.

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, destacou a importancia deste evento, que traerá a Lugo a representantes de cidades de toda España e aos máis importantes coñecedores desta dinámica de cara á dixitalización.

A inscrición e a consulta sobre este foro pode facerse a través da web www.forocidadesdixitais.com ou chamando aos números de teléfono 902 197 805 ou 982 242 563.

Luisa Zarzuela lembra que nos últimos tres anos está a desenvolverse o proxecto Lugo Dixital, que mantén un orzamento de máis dun millón e medio de euros e que foi ampliado co Lugo Singular, que conta cun orzamento similar.

Este proxecto contempla numerosas actuacións que xa están en marcha como o equipamento en infraestruturas do Concello para levar adiante o proxecto, a creación do portal e da plataforma de portales do Concello, o programa Abred e a tarxeta cidadá, entre outras. De feito, nos próximos días dará comezo un programa formativo polos barrios, destinado a persoas maiores.

O programa Cidades Dixitales está promovido polo ministerio de Industria, Turismo e Comercio, en colaboración coa Xunta de Galicia e a través da Secretaría Xeral de Comunicación e o Concello de Lugo.

Este foro de cidades dixitais pretende promocionar proxectos e experiencias de telecomunicacións e de sociedades da información das diferentes cidades dixitais galegas e doutras invitadas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova