Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Estimulación temperá e alfabetización dixital, temas das charlas do programa Aprender para educar


# Luns, 19/03/2007
Terán lugar no Centro Social Uxío Novoneyra, a partir das oito da tarde dirixida aos pais

Unha charla sobre a alfabetización dixital dará continuidade mañá, martes, ao programa “Aprender para educar”, organizado pola Concellería de Educación, dirixida por María Dolores Vieiro, e a Asociación Sociopedagóxica Galega.

Trátase dunha serie de conferencias formativas dirixidas a pais e nais do Concello de Lugo. A súa finalidade é servir de plataforma para adquirir novos coñecementos e para poñer en común inquedanzas e problemas que fagan que xurda unha dinámica de grupo que logre solventar moitas das dúbidas actuando como educadores dos fillos e fillas.

Como en anteriores edicións, estas charlas desenvolverán temas de interese e de actualidade nas escolas.

A primeira destas conferencias, a cargo de Miguel Ángel Santos Guerra, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Málaga, tivo que ser suspendida o martes por problemas persoais do conferenciante.

Tras unha conferencia sobre Axenda 21 Escolar, Carmen Varela Prado, bibliotecaria da USC, ofrecerá mañá, martes, unha ponencia co título “Alfabetización Dixital: o bo uso de Internet na infancia e na adolescencia”.

Se non se dubida do papel da tecnoloxía e de Internet na sociedade actual, non pode esquecerse que esta ocupa un espazo aberto e libre, que debe ter unha tutela e unha alerta por parte dos pais utilizando a cautela no uso desta ferramenta.

O mércores, será a vez de Sara Paz, pedagoga e membro do equipo de Preescolar na casa, que falará da necesidade da estimulación temperá para que os pequenos crezan sans e felices.

O programa das conferencias, que se celebrarán no Centro Social Uxío Novoneyra, pode consultarse na web municipal, www.lugo.es. Éstas terán lugar a partir das oito da tarde e o Concello oferta un servizo de gardería a todos aqueles pais e nais que desexen acudir ás conferencias.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova