Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Arrincan o segundo Foro de Cidades Dixitais de Galicia


# Mércores, 25/04/2007
O Director Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia dará a primeira ponencia. O exemplo de Lugo exporase a partir das dez e media

Mañá, xoves, comezará en Lugo o II Foro de Cidades Dixitais de Galicia, para o que xa están inscritas 130 persoas, superando as expectativas previstas. O Director Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, Manuel José Fernández Iglesias, ofrecerá a primeira conferencia, ás dez da mañá, co título “Evolución e perspectivas do programa Cidades Dixitais”.

Este foro englóbase dentro dos programas Lugo Dixital e Lugo Singular e conta coa participación de distintas cidades, as que xa teñen o distintivo de cidades dixitais, como Lugo, e as que están en proxecto ou xa en marcha.

Entre as cidades dixitales participantes están Vigo, A Estrada, Cantabria, Avilés e Leganés mentres que as que están en proxecto presentes son Alcobendas, A Coruña e Segovia. Asimesmo, participarán Vilalba e As Pontes como vilas dixitais invitadas.

Á dez e media dará comezo unha mesa redonda titulada “Cidades Dixitais de Galicia: presentación de solucións texnolóxicas e servizos”, na que participrán o Director Xeral de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo, Efrén Arias; o Xefe de Participación e Atención Cidadá do Concello de Vigo, Francisco Gutiérrez Orúe, e o Vicepresidente da Fundación Cultural da Estrada, José Manuel Reboredo Baño. A charla estará moderada pola Directora Xeral da Administración Local da Xunta de Galicia, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo.

Durante a pausa para o café, Manuel José Fernández inaugurará a Aula multimedia da localidade coruñesa de Vedra. O acto terá lugar por videoconferencia dende a Aula situada na praza do Castiñeiro.

Ás doce retomaranse as conferencias coa participación, en primeiro lugar, do reitor da Universidade de Santiago, Senén Barrio, que falará das novas tecnoloxías neste ámbito; e o profesor da USC Rafael Crecente Maseda, que disertará sobre “Sistema de Información Xeográfica do Concello de Lugo”.

A xornada de mañá pechará coa inauguración oficial, a cargo do Alcalde, José López Orozco. Pola tarde, ás catro dará comezo unha mesa redonda na que se falará das distintas experiencias postas en marcha nas cidades dixitais de Leganés, Avilés e Cantabria, presentadas polos máximos responsables destas entidades.

Continuarán , ás cinco da tarde, cunha ponencia de Rafel Jaunatey Mayán, Subdirector Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información da Xunta de Galicia. Presentará una charla sobre “A Sociedade da Información en Galicia”.

Tras un pequeno coloquio, realizarase unha visita guiada á cidade de Lugo, mentres se celebra a reunión da Comisión de Seguimento do Proxecto Cidades Dixitais. Finalizará a xonrada cunha cea de gala para os participantes do foro e autoridades que estará presidida polo Alcalde

O programa desenvolverase tamén durante a mañá do venres no Gran Hotel e será clausurado polo Alcalde. Pode consultarse toda a información referente a este foron na dirección www.forocidadesdixitais.com.

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, destacou a importancia deste evento, que trae a Lugo a representantes de cidades de toda España e aos máis importantes coñecedores desta dinámica de cara á dixitalización.

Nos últimos tres anos está a desenvolverse o proxecto Lugo Dixital, que mantén un orzamento de máis dun millón e medio de euros e que foi ampliado co Lugo Singular, que conta cun orzamento similar.

Este proxecto contempla numerosas actuacións que xa están en marcha como o equipamento en infraestruturas do Concello para levar adiante o proxecto, a creación do portal e da plataforma de portales do Concello, o programa Abred e a tarxeta cidadá, entre outras. De feito, nos próximos días dará comezo un programa formativo polos barrios, destinado a persoas maiores.

O programa Cidades Dixitales está promovido polo ministerio de Industria, Turismo e Comercio, en colaboración coa Xunta de Galicia e a través da Secretaría Xeral de Comunicación e o Concello de Lugo.

Este foro de cidades dixitais pretende promocionar proxectos e experiencias de telecomunicacións e de sociedades da información das diferentes cidades dixitais galegas e doutras invitadas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova