Cargando....
Concello de Lugo
13/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo presentou os seus proxectos no segundo Foro de Cidades Dixitais de Galicia


# Xoves, 26/04/2007
Máis de 130 especialistas de toda España analizan na nosa cidade as novas tecnoloxías

Lugo presentou os seus proxectos no segundo Foro de Cidades Dixitais de Galicia, que se está a celebrar no Gran Hotel e está organizado polo Concello da capital. O Alcalde de Lugo, o Conselleiro de Traballo, o Rector da Universidade de Santiago e a Concelleira de Servizos Xerais inauguraron o II Foro de Cidades Dixitais de Galicia, no que están están inscritas 130 persoas, superando as expectativas previstas.

Na inauguración oficial, o Alcalde apostou por “familias dixitais” para que todos os seus membros saiban empregar as novas tecnoloxías. López Orozco explicou as políticas que se están levando a cabo como os novos telecentros, os cursos de formación nos barrios ou o seu propio blog “onde teño a oportundiade de escoitar a voz de moita xente que non coñezo e dan opinións con liberdade”.

Pola súa banda, Ricardo Varela afirmou que a Consellería de Traballo dedicará máis de 186 millóns de euros ó fomento de iniciativas tecnolóxicas innovadoras ata o ano 2009. O responsable de Traballo aclarou que a economía baseada no coñecemento ten unha “crecente influencia no emprego”. O Rector destacou que Lugo “é un exemplo de cidade histórica e milenaria que pode adaptarse ás novas tecnoloxías”.

Entre as cidades dixitales participantes están Vigo, A Estrada, Cantabria, Avilés e Leganés, mentres que as que están en proxecto presentes son Alcobendas, A Coruña e Segovia. Tamén participarán Vilalba e As Pontes como vilas dixitais invitadas.

Lugo asinou no ano 2005 o proxecto Lugo Dixital, que contou cun orzamento de 1.535.000 euros, ampliado posteriormente co programa Lugo Singular con 1.100.000 euros. Desde entón, o Concello puxo en marcha diferentes proxectos: o 010, o programa Conéctate en Lugo que está circulando por todos os barrios da cidade, a modernización dos equipos informático da administración, da web municipal, a creación da tarxeta cidadá e proximamente o programa ABRED para nenos enfermos, entre outros.

Inauguración por videoconferencia

O Director Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, Manuel José Fernández Iglesias, ofreceu a primeira conferencia do Foro e inaugurou a través de videoconferencia con Luisa Zarzuela un telecentro no municipio coruñés de Vedra desde a nova Aula Multimedia do barrio do Castiñeiro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova