Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde avoga polo uso das familias dixitais na clausura do segundo Foro de Cidades Dixitais de Galicia


# Venres, 27/04/2007
Fernando Salgado e David Cierco loaron o esforzo realizado por Lugo na revolución dixital

O Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Director Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información, David Cierco; e o Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado, clausuraron esta mañá o II Foro de Cidades Dixitais de Galicia, no que participaron 130 persoas, superando as previsións da organización.

No trancurso de dúas xornadas, Lugo concentrou e serviu de escaparate para os proxectos das outras cidades dixitais existentes en España ou en proceso de formación. Entre as cidades dixitales participantes están Vigo, A Estrada, Cantabria, Avilés e Leganés mentres que as que están en proxecto son Alcobendas, A Coruña e Segovia. Estiveron como vilas dixitais invitadas Vilalba e As Pontes.

Durante a clausura o Alcalde destacou a importancia de ter escollido Lugo como lugar de celebración e invitou aos presentes a celebrar na cidade das murallas o encontro nacional, “porque xa temos experiencia de sobra para isto”, dixo.

O Alcalde indicou que estamos na cuarta revolución industrial, a das novas tecnoloxías, que permite aos cidadáns comunicar as súas experiencias e dar saltos de xigante no progreso.

Indicou que “se o século XXI ten que ser o século da solidariedade, as novas tecnoloxías son o mecanismo ideal para que esta se desenvolva por todo o mundo buscando o compromiso do goberno autonómico, central e local sen esquecer á universidade”.

O Alcalde apostou porque Lugo chegue a ser coñecida como a cidade das familias dixitais e niso se está traballando “levando a formación en novas tecnoloxías aos barrios e facendo un importante investimento nesta materia”.

Orozco apostou porque os investimentos en recursos, novas tecnoloxías e idiomas permitan que os mozos non marchen de Lugo nin de Galicia.

Pola súa banda, Fernando Salgado destacou a importancia que ten o feito de que Orozco fose o primeiro Alcalde en ter un bitácora dixital, “o cal demostra o interese espertado neste concello polo avance tecnolóxico”.

Así mesmo falou de que actualmente estase investindo en Galicia nestes proxectos de cidades dixitais uns oito millóns de euros e para o 2009 está previsto que a comunidade autónoma conte con máis de 70 telecentros espallados por todo o territorio.

Os dous espertos destacaron a implicación de lugo nestes proxectos dende o principio coa creación de telecentros e o proxecto Abred entre outros.

Con este proxecto pretendeuse promocionar proxectos e experiencias de telecomunicacións e de sociedades da información das diferentes cidades dixitais galegas e das invitadas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova