Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde inaugura as XII Xornadas Internacionais de Enfermería


# Mércores, 21/03/2007


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou esta tarde as XII Xornadas Internacionais de Enfermería que terán lugar entre o 21, 22 e 23 de marzo no auditorio da Facultade de Veterinaria. Organizadas pola Escola Universitaria de Enfermería de Lugo e o Colexio Oficial, as xornadas tentarán abordar os novos retos desta profesión.

O Alcalde desexoulles sorte ós profesionais, procedentes de diversos puntos de España e do estranxeiro, e animounos a organizar as vindeiras xornadas, un reto cada vez máis complicado “ya que lo difícil es dar continuidad en el tiempo”.

Tendo en conta que o público era maioritariamente feminino e todas as autoridades invitadas á inauguración eran homes, o Alcalde defendeu “la necesaria Ley de Igualdad”, recentemente aprobada polo Goberno Central “para que se acaben las diferencias, como en este caso, entre el público y la mesa”. O Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, aproveitou para destacar que o 70% do alumnado da Universidade de Santiago de Compostela era feminino, unha porcentaxe que aínda aumenta ata o 90% cando se trata de Premios Extraordinarios de Fin de Carreira.

O Concello brinda unha recepción ós participantes nestas xornadas a partir das oito e media desta tarde.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova