Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Publicadas as listas provisionais de admitidos na Escola Infantil Serra de Outes


# Xoves, 10/05/2007
O prazo de reclamacións é de dez días

A Escola Infantil Serra de Outes vén de publicar a relación provisional de admitidos para o curso 2007/2008.

Esta lista poderá consultarse dende mañá, venres, até o día 21 deste mesmo mes na propia Escola Municipal, situada na rúa Serra de Outes, no taboleiro de anuncios do Edificio de Servizos Administrativos e no Servizo de Educación, situado no Centro Social Uxío Novoneyra.

Ademais, os interesados poderán poñerse en contacto telefónico co teléfono de información municipal 010 (297 350 se chaman dende fóra do territorio municipal).

O prazo de presentación de reclamacións é de 10 días e despois sairán as listas definitivas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova