Cargando....
Concello de Lugo
16/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza un concurso de debuxo on line para celebrar o Día de Intenet


# Venres, 11/05/2007
A participación estará aberta a todas as idades entre o día 14 e o 16

O Concello de Lugo celebrará dende o luns o Día de Internet cun concurso de debuxo no que se repartirán distintos premios e no que poderán participar persoas de todas as idades.

Unha nova aplicación na web municipal, estará dispoñible dende o luns e até o mércores para a participación. Nesta ocasión será un programa de debuxo on line o que se ofrecerá á participación. Nos anos anteriores colgouse na web con motivo desta celebración un xogo interactivo con Lugo como protagonista.

Acompañando o debuxo cos datos persoais poderá participarse nun concurso no que se repartirán como premios dous teléfonos móbiles de última xeración para os adultos e dúas consolas portátiles Nintendo DS para os menores de idade.

Ademais, a Concellería de Servizos Xerais, organizadora do evento, entregará un regalo simbólico aos cen primeiros participantes.

A participación estará aberta até o mércores día 16, no que se celebrará oficialmente o Día de Internet a través do programa formativo Conéctate en Lugo. Para esta xornada a Concellería, que dirixe Luisa Zarzuela, está a preparar unha demostración pública do que se está a realizar nesta actividade formativa, que se extende por todos os barrios de Lugo.

O día oficial desta festa a nivel internacional é o xoves, pero coincide festivo, polo que a súa celebración adiantouse un día.

O concurso faiarase nos próximos días pero a intención desta iniciativa é achegar as novas tecnoloxías a todos os cidadáns e fomentar a conexión en Internet ofrecendo un xogo fácil e adaptado a todas as idades.


CONÉCTATE EN LUGO

O Concello de Lugo continuará a próxima semana co seu programa de achegamento aos cidadáns das novas tecnoloxías “Conéctate en Lugo” no centro da cidade, nesta ocasión no Centro Social Uxío Novoneyra.

Trátase dunha campaña masiva de formación ao cidadán, dirixida a todos os públicos pero máis orientada a maiores de 55 anos ou a mulleres que non traballen fóra do fogar. Está relacionada coa posta en marcha do proxecto Lugo Dixital e Lugo Singular e está previsto que participen no mesmo máis de tres mil persoas.

Un grupo de profesores con ordenadores acuden aos distintos locais sociais de cada barrio e centros de reunión, onde asesoran e inician en temas informáticos a todos os cidadáns que o solicitan.

A formación prolongarase até mediados do mes de xuño. Unha vez terminada a formación no centro, continuarán por A Ponte, Fingoi, Aceña de Olga, San Antonio, Montirón, As Mercedes, Fontiñas e San Roque, ademais dos telecentros de Calde, Castelo, O Veral e Coeses.

Paralelamente a esta formación, convócase un concurso co título “Forma a túa familia dixital”, que ofrece como premio unha estancia nunha cidade con empresariado dixital, un tratamento completo nun SPA da provincia e unha cea no restaurante que se desexe.

Para participar neste concurso só é necesario a formación dunha familia dixital con tres membros, un dos que ten a obriga de ter máis de 55 anos ou ser muller non traballadora, e participar nesta acción formativa.

Os interesados en inscribirse neste curso poden facelo de forma totalmente gratuíta a través do 010 ou ao comezo da propia sesión no seu barrio.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova