Amplíase o prazo de participación no concurso de debuxo on line que celebra o Día de Intenet
# Martes, 15/05/2007
Na web www.pintaconnos.com deixaron xa o seu deseño máis de 50 persoas
O Concello de Lugo ampliou até o domingo o prazo de participación no concurso de debuxo on line organizado con motivo da celebración do Día de Internet.
A través da dirección
www.pintaconnos.com pódese participar nun concurso de debuxo no que se repartirán distintos premios e no que poderán participar persoas de todas as idades. Esta actividade foi programada pola Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, para conmemorar o Día de Internet.
Pódese acceder a este xogo dende a nova aplicación na web municipal. Nos anos anteriores, con motivo desta celebración, colgouse na web con motivo desta celebración un xogo interactivo con Lugo e o Alcalde como protagonistas.
Acompañando o debuxo cos datos persoais poderá participarse neste concurso no que se repartirán como premios dous teléfonos móbiles de última xeración para os adultos e dúas consolas portátiles Nintendo DS para os menores de idade. Xa até o de agora teñen participado máis de 50 persoas con debuxos dunha alta calidade. Ademais, a Concellería de Servizos Xerais, organizadora do evento, entregará un regalo simbólico aos cen primeiros participantes.
O propio Día de Internet celebrarase a través do programa formativo Conéctate en Lugo. Para esta xornada a Concellería está a preparar unha demostración pública do que se está a realizar nesta actividade formativa, que se extende por todos os barrios de Lugo.
O día oficial desta festa a nivel internacional é o xoves, pero coincide festivo, polo que a súa celebración adiantouse un día.
O concurso faiarase nos próximos días mediante un xurado pero a intención desta iniciativa é achegar as novas tecnoloxías a todos os cidadáns e fomentar a conexión en Internet ofrecendo un xogo fácil e adaptado a todas as idades.
Compartir: