Imprimir

O CONCELLO AMPLÍA O NÚMERO DE PREMIOS DO CONCURSO ON LINE PINTA CON NÓS DEBIDO Á GRAN PARTICIPACIÓN


21/5/2007 O Alcalde entregará os premios este mércores ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello

A masiva participación que rexistrou o certame organizado pola Concellería de Servizos Xerais para conmemorar o Día de Internet animou ao Concello a ampliar o número de premios do concurso de debuxo on line “Pinta con nós” de 4 a 24 premios. Os 24 galardóns serán entregados polo Alcalde, José López Orozco, nun acto que terá lugar o mércores, día 23, ás 20:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Entre os gañadores repartiranse dúas consolas Nintendo DSLite, dous teléfonos móviles de última xeración, dez teléfonos inalámbricos e dez aparatos radiofónicos. Ademais, todos os participantes recibirán un agasallo simbólico. O xurado, que se reuniu esta mañá para faiar o concurso, seleccionou aos 24 gañadores. Os membros do xurado destacaron a orixinalidade dos traballos e a súa calidade.

Esta primeira edición do concurso de debuxo on line “Pinta con nós” levantou moito interese entre os internautas polo que tivo que ser ampliado o prazo de participación, que se pechou o día 20 con preto de 200 debuxos rexistrados.

Na páxina web pódese consultar o listado dos premiados aos que a organización convida a poñerse en contacto a través do teléfono 010 do Concello para facilitar os datos e concretar a súa participación no acto oficial da entrega de premios.


OS GAÑADORES SON:

AUTOR

OBRA

AAD

EU TAMÉN XOGO

BERNIE

BAGOAS

BIBI

O BAILE EN LUGO

CATUXA

AS NÓRDICAS VEÑEN A LUGO

CHE

EL OJO VAGO

FLIPEO12

TO BE OU NON SER?

GOROL

NADADOR

ICHI

PAISAXE ROMANA

KRIS

CO SOL TODO SE DERRITE

LUCIA

FLORES

LUGUITIS

LUGO E MAIS

MARES

LUGONALÚA

MARISA

LUZ

MIGUELITO

A NAVEGAR

MINDI DE MENDI

COMPLEMENTÁNDONOS

MIQUIÑO

DON PEPITO O DON JOSÉ?

MKD

INTERNET N LINUX N LUGO

MONIKK

MENÚ DEL DÍA:INTERNET

PATRI

ARTE EN LUGO

RYR

COMUNICACIÓN NO MUNDO

TORRIJAS

AS NOVAS TECNOLOXIAS INVADEN LUGO

UNO QUE PASABA

PONTE ROMANA

ZER01

LUGO ESTÁ VIVO

ZIVA

MI HUELLA DIGITAL