Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Clausuran o programa de formación do profesorado Vivir xuntos, convivir


# Mércores, 28/03/2007
O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá este acto de clausura ás sete da tarde do xoves

A Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, clausura mañá, xoves, o programa de formación do profesorado para a mellora da conviviencia na aulas Vivir xuntos, convivir.

O acto de clausura terá lugar ás sete da tarde no Centro Social Uxío Novoneyra cunha reunión á que asistirán Concelleiros de Delegados das Consellerías da Xunta de Galicia.

Esta nova edición supuxo unha continuidade co ano pasado e seguiu coordinada polo orientador Manuel Blanco Rábade, coa mesma temática e o mesmo sistema de traballo.

O eixo principal deste programa foi a celebración dun curso homologado pola Xunta de Galicia co título “A convivencia nos centros. Os plans de mellora na convivencia”, ademais de xornadas de conferencias para pais.

O obxectivo deste curso era capacitar ao profesorado para participar como mediador na solución de conflitos, formar a alumnos nesta materia e coordinar programas de mediación nos seus centros.

Foron un total de 30 horas de formación, nas que participaron 40 profesores de Primaria e Secundaria. A formación desenvolveuse no Centro Social de Fingoi durante os meses de inverno entre as seis e as nove da tarde, seguindo un calendario fixado por Educación.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova