Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo contará cun circuíto de bicicletas a primeiros de setembro


# Mércores, 23/05/2007
Comezaron as obras na pérgola do parque Rosalía

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a posta en marcha dun circuíto de bicicletas en virtude dun convenio co INEGA.

Un total de cen bicicletas estarán a disposición dos lucenses en cinco puntos diferentes para a utilización de distintas rutas. Este proxecto ten un orzamento de 140.000 euros e terá unha xestión de uso totalmente informatizada con disponiblidade para 3.000 usuarios.

Neste circuíto haberá cinco bases para recollida e depósito das bicicletas. Estarán no contorno da piscina das Pedreiras, na Fábrica da Luz, no Centro Deportivo de Frigsa, na Praza de Ferrol ou en Santo Domingo e na praza da Constitución.

A intención é que estén en funcionamento na primeira quincena do mes de setembro.

Tamén na Xunta de Goberno de hoxe, a última desta lexislatura, foi aprobada a firma dun convenio entre a Sociedade Protectora de Animais e o Concello. Será a entidade municipal a encargada de manter o traballo diario desta organziación sen ánimo de lucro cunha subvención de 51.000 euros.

Así mesmo, hoxe saíron a contratación as obras de pavimentación e instalación de servizos no tramo comprendido entre a rampa de Claudio López e Rei Don García. A obra ten un orzamento de 109.301 euros e un prazo de execución de catro meses.

Por outra banda, o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, indicou ao finalizar a exposición dos asuntos tratados, o comezo das obras da Pérgola do parque Rosalía de Castro. Indicou que nos 81 anos que ten este lugar, ninguén até o momento realizou ningún tipo de mellora (“ninguén dos que estiveron no goberno até o de agora e tiveron as competencias nesta materia”, dixo.)



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova