Imprimir

ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO PINTA CON NÓS


23/5/2007 Recibiron agasallos todos os participantes presentes e tamén os 24 gañadores

As Concelleiras de Servizos Xerais e de Educación, Luisa Zarzuela e María Dolores Vieiro, fixeron hoxe entrega dos premios aos gañadores do concurso Pinta con nós, organizado polo Concello de Lugo con motivo da celebración do Día de Intenet.

Debido á elevada participación, preto de 200 debuxos rexistrados de artistas de distintas idades, o Concello decidiu ampliar os premios de catro a 24. Os debuxos premiados poden consultarse aínda na web municipal, www.lugo.es.

O xogo de debuxo estivo dividido en dúas categorías, infantil e adulto, e, aínda que se presentaron preto de 200 para o concurso, a visita á páxina duplicou esta cifra.

Os premios consistiron en dous teléfonos móbiles e dous Nintendo, como estaba previsto, ademais de dez teléfonos inhalámbricos e dez radio-cd.

Ademais, todos os participantes recibiron como recordo unha bolsa con material tecnolóxico.

A Concelleira Luisa Zarzuela destacou o elevado nivel e calidade dos debuxos, que se proxectaron na entrega de premios e que recibiron unha gran ovación do resto dos premiados e presentes.

Agradeceu tamén a participación de todos, e en especial dos pequenos. Os gañadores escolleron en moitas ocasións os distintos motivos de Lugo.