Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

As actividades formativas de Conéctate en Lugo continúan esta semana no barrio de Fingoi e Acea da Olga


# Venres, 25/05/2007


As actividades formativas do programa “Conéctate en Lugo”, deseñadas para achegar a todos os cidadáns as novas tecnoloxías, continúan esta semana no barrio de Fingoi e Acea da Olga.

Esta semana o programa desenvolverase no Centro Social de Fingoi, onde os usuarios que o desexen poderán achegarse ao mundo da informática e da rede en horario de mañá (de 11 a 13 horas) e de tarde (de 17 a 19 horas), de xeito totalmente gratuíto e guiados polos expertos monitores. 

Máis de quinientas persoas están a participar nesta actividade formativa, que está dirixida principalmente a maiores de 65 anos ou mulleres amas de casa, pois son os sectores da sociedade máis afectados pola brecha tecnolóxica. O importante desta iniciativa é que a formación realízase en todos os barrios e percorre os locais sociais para facilitar a participación. A actividade é totalmente gratuíta e a inscrición pódese realizar no mesmo momento.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova