Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Pecha o prazo para inscribirse no torneo de xadrez de Semana Santa


# Xoves, 29/03/2007
Está organizado pola Concellería de Educación e aberto á participación libre e gratuíta

O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá o luns, día 2 de abril, o Torneo de Xadrez de Semana Santa, organizado dentro do circuíto Camiño do Scacorum pola Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso.

Haberá cinco categorías para a participación: menores de 8 anos, menores de 10, menores de 12, menores de 14, menores de 16 e menores de 20 anos, ademais dunha categoría para os familiares dos participantes.

O torneo celebrarase entre as once e a unha, pola mañá, e de cinco a sete, pola tarde. Os interesados en participar deberán facer efectiva a súa inscrición como último día o sábado a través do teléfono 657 974 937 ou no correo electrónico castruperarrobayahoo.es.

O torneo será totalmete gratuíto e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect. Haberá premios para os mellores clasificados.

Por outra banda, o 14 de abril rematará a fase interna do Torneo Intercentros, no que están a participar os alumnos dos CEIPs do Concello nunha única categoría. Este torneo consta de tres fases: interna, zonal e gran final.

Na fase interna xogarase de xeito individual entre os membros dun mesmo centro. De aí sairá o equipo representante do colexio para participar nas demais fases. A gran final disputarase ao mesmo tempo que a festa final do xadrez.

Neste torneo estímase unha participación de 150 persoas, dato que se entende da asistencia rexistrada nos torneos celebrados en Nadal e Entroido.

Ademais, todos os domingos continúase coa actividade do scacorum e o baúl viaxeiro, que convida aos lucenses a participar nos xogos de xadrez xigante, xadrez convencional e na biblioteca itinerante da Concellería de Educación.

Esta actividade é totalmente gratuíta e desenvólvese a través dos mesmos organizadores que os torneos, todos os domingos na praza Maior.

Son dous monitores especializados os que guían esta actividade, na que participan pais e fillos de forma conxunta.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova