Imprimir

OS ALUMNOS DO CEIP VISTA ALEGRE DE BURELA APROVEITARON UNHA EXCURSIÓN A LUGO PARA COÑECER A CASA CONSISTORIAL


25/5/2007

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Vista Alegre de Burela achegáronse á Casa Consistorial onde foron recibidos pola Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, no Salón de Plenos.

Os cincuenta e dous rapaces do municipio costeiro están de visita na cidade e aproveitaron esta excursión para coñecer o funcionamento do Concello e as tarefas dos Concelleiros.

Luisa Zarzuela conversou cos escolares sobre as novas tecnoloxías, en especial de Internet, e tamén sobre os seus hábitos alimenticios. Convidoulles a pasear polo adarve da Muralla e a visitar os principais monumentos da cidade.

Entregoulles como agasallo unha serie de libros editados polo Concello e repartiu entre todos os pequenos unhas alfombrillas para os ratos do ordenador. Os nenos, que tiñan entre 10 e 12 anos de idade, posúen case todos un ordenador na súa casa.