Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza unha nova campaña de choque do Servizo de Desratización


# Martes, 29/05/2007
Percorrerán toda a cidade de mércores a venres

A empresa de control ambiental Sanal realizará dende o mércores e até o venres a primeira fase de choque da campaña de desratización do ano 2007, dentro do plan previsto pola Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela.

Neste proceso realizarase un tratamento de desratización intensivo que chegará a todos os puntos do termo municipal, revisando e repoñendo todos os cebos raticidas, tanto a nivel externo como interno, cubríndose especialmente as áreas de risco de proliferación de roedores. Estes puntos máis afectados son a rede de saneamento e alcantarillado, a rede de abastecemento de auga, rexistros semafóricos e de alumeado público, solares, vertedoiros incontrolados, parques, xardíns e ribeiras de conduccións de auga do centro e da periferia.

Incidirase especialmente nos denominados puntos críticos do centro urbano por ser as zonas onde se presenta un maior grado de incidencia. Estes lugares foron escollidos polo personal que realiza o mantemento semanal de todos os venres do mes. Os lugares de maior necesidade son as zonas rurales con presencia de maleza, solares sen contruír, edificacións antigas, etc...

Nesta fase de choque emplearanse dous equipos técnicos, con gran experiencia, posuidores do carné de regulamentario expedido pola Xunta de Galicia.

Así mesmo, os veciños que advirtan a presencia deste tipo de animais poden presentar o seu aviso no Concello a través do 010, intentando matizar o nome da rúa e número a ser posible.

O Concello realiza outras tres campañas de choque durante o ano, que coinciden tamén co San Froilán e o Nadal. Ademias, durante todo o ano percorren a cidade como mínimo tres veces facendo distintos sectores cada venres.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova