Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As actividades formativas de Conéctate en Lugo continúan esta semana nos barrios do Castiñeiro e Montirón


# Venres, 01/06/2007


As actividades formativas do programa Conéctate en Lugo, deseñadas para achegar a todos os cidadáns as novas tecnoloxías, continúan esta semana nos barrios do Castiñeiro e de Montirón.

Os días 4 e 5 o programa desenvolverase no Telecentro do Castiñeiro, onde os usuarios que o desexen poderán achegarse ao mundo da informática e da rede en horario de mañá (de 11 a 13 horas) e de tarde (de 17 a 19 horas), de xeito totalmente gratuíto e guiados polos expertos monitores.

Os días 6, 7 e 8 de xuño, Conéctate en Lugo visitará a biblioteca da Praza das Illas, situada no barrio de Montirón. Os monitores ofrecerán de balde clases de iniciación á informática e ao uso de internet no horario de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas.

O pasado xoves, o Alcalde, José López Orozco, celebrou o seu chat mensual en compañía dos participantes nesta actividade que a semana pasada se desenvolveu no Centro Social de Fingoi. Máis de 500 persoas están a participar nesta actividade formativa, que está dirixida principalmente a maiores de 65 anos ou mulleres amas de casa, pois son os sectores da sociedade máis afectados pola brecha tecnolóxica. O importante desta iniciativa é que a formación realízase en todos os barrios e percorre os locais sociais para facilitar a participación. A actividade é totalmente gratuíta e a inscrición pódese realizar no mesmo momento.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova