Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello arrinca o martes unha campaña de animación á lectura


# Mércores, 04/04/2007
Haberá contacontos nos colexios e obradoiros e obras de teatro en Fingoi e no Uxío Novoneyra

A Concellería de Educación, a cargo de María Dolores Vieiro, levará a cabo durante o mes de abril un programa de animación á lectura en rapaces do primeiro ciclo de Primaria en colaboración coas editoriais OQO e Anaya. Trátase dunha serie de actividades que se desenvolverán dende o martes e até o día 16.

Esta campaña coincide coa celebración o día 2 de abril do Día Internacional do Libro Infantil e o 23 do mesmo mes do Día Mundial do Libro. A Concelleira explicou que con esta iniciativa "preténdese achegar aos nenos e nenas á lectura como medio de información e para o tempo de lecer", indicou a Concelleira.

Así, as bibliotecas dos centros de Infantil e Primaria do Concello recibirán unha selección de libros de literatura infantil. Serán un total de 176 cedidos por OQO e 120 por Anaya.

Como complemento, o martes darán comezo unha serie de talleres no Centro Social Uxío Novoneyra orientados a rapaces con entrada libre e gratuíta.

Os obradoiros sucederanse todas as tardes, ás seis, cunha hora de duración. Os días 11 e 13 de abril haberá, ademais, obradoiros para dultos no mesmo lugar pero ás sete da tarde.

Finalmente, o centro acolle tamén unha exposición de imaxes de contos e elementos tridimensionais e audiovisuais propios destes relatos para os máis pequenos. Trátase dunha mostra cun elevado valor artístico que ten percorrido xa algún dos museos máis importantes de España.

Estes obradoiros están organizados pola editorial OQO. Complementaranse cunha serie de representacións teatrais da obra "Globos de mentira", a cargo de Casa Hamlet. As representacións serán ás 9:30, ás 11:00 e ás 12:45 no Centro Social de Fingoi, o mesmo que unha serie de obradoiros de contacontos que se desenvolverán nos propios colexios ás 10:00, ás 11:30 e ás 12:30.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova