Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a funcionar o ascensor do aparcadoiro subterráneo da praza de Ferrol


# Luns, 04/06/2007
Carmen Basadre e representantes de colectivos de persoas con dicapacidade visitaron esta instalación, a segunda que se realiza en Lugo

A Concelleira de Servizos Sociais, Carmen Basadre, acompañada de membros de asociacións de persoas con discapacidade, como Auxilia e Cogami, visitaron hoxe o novo ascensor do aparcadoiro subterráneo da praza de Ferrol.

Esta nova dotación comezou a funcionar esta fin de semana, unha vez rematadas as obras e obtido o visto bo dos colectivos aos que vai dirixido.

Segundo indicou a Concelleira, trátase do segundo ascensor que se pon en marcha, despois do da praza de Santo Domingo, unha vez que o Concello tomou a determinación de facer accesibles para persoas con discapacidade este tipo de locais.

Ademais, a Concelleira confirmou que xa están contratadas as obras para a instalación do ascensor na praza da Constitución, o último aparcadoiro que contará con el. As obras darán comezo nos próximos días.

Cada un dos ascensores ten un orzamento de entre 57.000 e 59.000 euros e “representaba unha necesidade xa que as persoas con discapacidade tiñan que utilizar as rampas de entrada e saída de vehículos para saír do aparcadoiro como peóns, por non falar de que non podían usar os aseos ”, explicou Carmen.

Ademais, a obra da praza de Ferrol contou tamén coa instalación dun tellado sobre as escaleiras peonís para protexer aos usuarios da choiva e cunha barreira protectora para evitar caídas, en especial dos pequenos do colexio que xogan no parque. Así mesmo, foron reformados e adaptados os aseos.

A Concelleira lembrou que estas adaptacións deron comezo o ano pasado e a intención é deixar listos os tres antes de que remate o actual. Ademais da construcción do ascensor, foron reformados e adaptados os aseos e as prazas de aparcamento, reservando as máis próximas ao ascensor. De feito, o aparcadoiro da praza de Ferrol conta con 5 prazas reservadas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova