Imprimir

O CONCELLO REMATA O PERÍODO DE COBRO VOLUNTARIO DO IMPOSTO DE CIRCULACIÓN


5/6/2007

O Concello pecha hoxe o prazo de pagamento en forma voluntaria do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (coñecido como Imposto de Circulación ou Rodaxe) correspondente ao ano 2007.

Este ano púxose ao cobro un importe total de 5.327.976 euros, correspondente a 60.644 recibos. O volume máis numeroso no padrón son os turismos, que supoñen 45.119 recibos. Ademais, hai censados 6.779 camións ou furgonetas, 2.784 motocicletas, 2.116 tractores, 2.067 ciclomotores, 1.431 remolques e 348 autobuses.

Con relación ao ano pasado, aumentou o número de recibos nun 5,29%, pasando de 57.594 xestionados no 2006 até os máis de 60.000 deste exercizo. Ademais, incrementouse o importe total a cobrar nun 8,96%, pola subida do IPC e o aumento do parque móbil. O ano pasado o imposto supuxo un total de 4.889.681 euros.

O Concello remitiu ao enderezo dos contribuíntes un tríptico co obxecto de que o seu importe sexa pagado en Caixa Galicia. Aos contribuíntes que teñen domiciliado o pagamento os recibos fóronlles cargados na conta.