Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa Conéctate en Lugo remata o seu percorrido polo municipio no Telecentro de Coeses


# Venres, 15/06/2007
400 lucenses xa participaron neste programa

pois de percorrer todos os barrios da cidade e a zona rural, e programa Conéctate en Lugo remata o vindeiro luns, día 18 de xuño, cunha última sesión no Telecentro de Coeses.

Os veciños que se acheguen poderán aproveitar as leccións dos profesionais para iniciarse no manexo do ordenador e aprender a navegar por Internet. As actividades desenvolveranse de 11 a 13 horas, e pola tarde de 17 a 19 horas.

Esta iniciativa, organizada pola Concellería de Servizos Xerais, está deseñada para fomentar o uso das novas tecnoloxías entre os sectores máis prexudicados pola fenda dixital como son os maiores, os inmigrantes ou as amas de casa.

O programa, que contempla unha serie de actividades lúdico-formativas para achegar dun xeito fácil e útil Internet e o uso básico do ordenador aos participantes, comezou o pasado 16 de abril. Ao longo destes dous meses participaron preto de 400 lucenses.

Grupos de maiores de 65 anos, de amas de casa, de mulleres inmigrantes, de nenos, de participantes do Proxecto Home e de adultos descubriron as utilidades de ocio, coñecemento e comunicación que ofrece a rede. Uns inmigrantes retornados de México e Arxentina tiveron a posibilidade de contactar cos seus familiares e ver fotografías dos seus netos e, ademais, percorreron os seus países a través da rede.

Outra das participantes puido cumprir o soño da súa vida de coñecer o Museo do Prado realizando unha visita virtual e contemplar as obras de arte; e outros dous maiores xa se mercaron o seu propio ordenador para continuar practicando na casa e poder navegar por Internet.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova