Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 4.500 alumnos participan dende o luns no Festival de Teatro Grecolatino 2007


# Venres, 13/04/2007
Representaranse seis obras en tres días no Auditorio Gustavo Freire

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, participa novamente este ano no circuíto de Festivais de teatro grecolatino de España.

Nesta ocasión, xunto a localidades de todas as autonomías españolas e organizado por Prosopón teatro, o Concello de Lugo contará con seis actuacións teatrais, que se desenvolverán dende o luns e até o mércores.

Un total de 4.500 alumnos asistirán ás representacións, que terán lugar ás doce da mañá e ás cinco da tarde no Auditorio Gustavo Freire. Participan non só estudantes de Lugo, senón tamén de comunidades limítrofes como Asturias e León que aproveitan a viaxe a Lugo para facer unha visita educativa pola cidade.

As obras están destinadas a rapaces de Educación Secundaria, concretamente das especialidades de grego e latín e os grupos que actúan están conformados por alumnos de centros de ensino e afeccionados.

O luns pola mañá representarase a obra “Fenicias”, de Eurípedes, a cargo do grupo Arthistrión, de Villaviciosa de Odón. Pola tarde estará a cargo do mesmo grupo a “Comedia de la cestita”, de Plauto.

O martes, o grupo Selene do IES Carlos III de Madrid representará en horario de mañá “Helena”, de Eurípides, e pola tarde “Pluto”, de Aristófanes.

O mércores será a vez do grupo Sardiña, dos IES Elviña e Paseo de los Puentes de A Coruña. “Troyanas”, de Eurípides, foi a obra escollida para representar pola mañá e “Gemelos”, de Plauto, a que se poderá ver pola tarde.

O Concello de Lugo participa nos últimos anos neste ciclo que destaca pola profunda implicación dos centros no mesmo, na faceta de público e tamén na de actores.

O programa oferta para os alumnos que acuden doutras cidades unha visita á cidade de Lugo con especial atención aos seus monumentos e museos.

Pola súa banda, a Concellería de Educación subvenciona a entrada ás representacións a todos os estudantes de centros públicos de Lugo cun orzamento de 6.000 euros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova