Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e o IES Ánxel Fole organizan as I Xornadas Mocidade, Alcohol e Tráfico


# Venres, 13/04/2007
Durante 3 intensos días os alumnos terán conferencias de especialistas, demostracións con vehículos, excarcelacións e numerosas actividades formativas

O Concello de Lugo e o IES Ánxel Fole organizan as I Xornadas Mocidade, Alcohol e Tráfico, que se celebrarán no centro educativo desde o vindeiro luns ó mércores 18 de abril. Os alumnos de todos os cursos da ESO e Bacharelato recibirán durante 3 intensos días todo tipo de información sobre a mocidade, o alcohol e o tráfico. Bombeiros, Policías, membros de Protección Civil e da Cruz Vermella, especialistas como a ONG Stop accidentes... informarán e sensibilizarán ó alumnado, principal obxectivo destas xornadas.

As xornadas arrincarán este luns no Salón de Actos do centro cunha intervención do Doutor Carlos Quintáns e do Sarxento Cedrón do Corpo de Bombeiros. Xa no recreo, ás 11:30 horas, os alumnos coñecerán in situ os vehículos cos que traballan os axentes, así como os radares ou alcoholímetros. A partir das 12:00 o Sarxento da Polícia Local de Atestados, José Luis Álvarez, informará ó alumnado sobre os seus dereitos e deberes. Xa para rematar o primeiro día, a ONG Stop Accidentes intervirá no Salón de Actos coa conferencia de Jean Picard.

As xornadas continuará o martes e mércores con diferentes cursos nos que tamén se ofrece a posibilidade de participar a nais e pais (ver programa adxunto) e alumnos doutros cursos. Unha das actividades máis espectaculares terá lugar o martes, a partir das 16:30 horas, cunha excarcelación por parte dos Bombeiros de dous coches accidentados na que tamén participarán Cruz Vermella, Garda Civil e Protección Civil. Tamén o martes haberá relatorios dirixidos a pais e nais con diferentes especialistas.

O Concello de Lugo vén desenvolvendo diferentes actividades de información, prevención e sensibilización entre os máis novos. O Parque Infantil de Tráfico é unha das canles máis habituais para chegar ós pequenos, pero actividades como as I Xornadas Mocidade, Alcohol e Tráfico contribúen a difundir os dereitos e deberes dos condutores e peóns.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova